As rúas Alameda e Raíña Vitoria pechan o tráfico para preparar a Peregrina

Pontevedra> Con motivo das festas da Peregrina, e como ben sendo tradicional , esta noite a partir das once, quedarán pechadas ao tráfico asas rúas Raíña Victoria e Alameda. Unha medida que se manterá durante 17 días, ata o 23 deste mes. As once da noite deste luns 7 de agosto pecharase ao tráfico as rúas Raíña Victoria e Alameda debudo a preparación da zona para a celebración da Semana Grande da Peregrina. O portavoz da Policía Locla sinalaba que podían rexistrarse retencións nestes días debido á confusión que se produce polo corte destas rúas todos os anos. Omil lembrou que tamén se inestirás o sentido de circulación na rúa Xeral Martitegui para dar servizo aos residentes. Dende a Policía Local recomenda utlizar a AP-9 como medio de conexión entre a zona norte e sur da cidade. Segundo o portavoz da Policía Local estas rúas reabriránse ao tráfico 3 ou 4 días despois do remate das festas é dicir, entre o 24 e 25 deste mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí