Boiro Novo levará ó Parlamento os vertidos de Esteiro

BOIRO> En Marea levará ó Parlamento os vertidos no pozo de bombeo de Esteiro, a través dunha iniciativa de Boiro Novo. A deputada Carmen Santos anunciou que interpelarán tanto ás Consellería de Medio Ambiente como de Mar sobre as actuacións previstas para acabar nos problemas coa rede de saneamento. Hai tempo que Boiro Novo vén denunciando os problemas existentes no pozo de bombeo de Esteiro. A pesar de que o concello ten acometido unha serie de melloras recentemente, o grupo da oposición insiste en que os malos cheiros e os vertidos á ría persisten.De aí, que decidirán trasladar esta cuestión ó Parlamento Galego a través do grupo de En Marea que denuncia a mala xestión do gobernó autonómico en materia de saneamento non só en Boiro senón en moitos outros puntos da comarca.Aínda que se trata dunha infraestrutura acometida pola Xunta, Boiro Novo demanda do concello un maior rigor no control e mantemento posto que lonxe de mellorar o problema estendeuse a outros puntos da rede tal e como acontece na Praia de Rebordelo, no Saltiño.