Ribeira avanza cara a súa transformación dixital co proxecto ‘Smart Village’

RIBEIRA> Ribeira avanza cara a dixitalización dos seus recursos cun proxecto enmarcado na EDUSI Máis Ribeira Atlántica. As numerosas actuacións previstas neste plan suporán un investimento de 600 mil euros, dos cales o 80 por cento corresponde a fondos FEDER.

O proxecto Smart Village contempla ungha fonda transformación en diversos eidos da administración municipal como a renovación da páxina web e a modernización da sede electrónica.

Outas das accións enmarcadas no proxecto son a incorporación de cartelería dixital ou sisemas de gravación e retransmisión de eventos.

Tamén se inclúen neste plan outras actuacións xa adxudicadas como os pasos de peóns intelixentes na avenida da Coruña e no acceso a Rubeira dende Palmeira. O investimento total previsto para esta actuación foi de 600.000 €, do cales 480.000 corresponden a fondos FEDER, mentres que os 120.000 € restantes son achegados polo Concello de Ribeira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí