Elena Suárez, nova voceira do Partido Popular en Vilagarcía

    VILAGARCÍA> Elena Suárez, nova voceira municipal do Partido Popular de Vilagarcía. A que fora tenente de alcalde no anterior mandato, será a responsable de substituír a Tomás Fole trala súa marcha para centrarse no seu papel no Congreso dos Deputados. Deste xeito, Súarez cobra máis peso na formación tras trinta anos ligada ao PP vilagarcián. Tomás Fole xa ten substituto nas filas do Partido Popular de Vilagarcía. Elena Suárez será a nova voceira do grupo municipal. Tras trinta anos ligada á formación, e despois de ocupar o cargo de Tenente de Alcalde durante o mandato de Fole, Suárez convértese na cara visible dos populares en Ravella. Actualmente, tamén ocupa o cargo de Vicesecretaria de Organización e Mobilización. Como voceira municipal, a súa intención é manter a dinámica de traballo que o grupo tivo ata o de agora. Así, o reparto das áreas será herdado do que tiveran cando ostentaron o goberno de Vilagarcía. Tamén seguirán intervindo todos nos plenos. Suárez aproveitou a súa presentación para facer un recoñecemento a Tomás Fole, antigo voceiro popular e exalcalde de Vilagarcía. A que fora a súa Tenente de Alcalde resaltou a súa xestión. Elena Suárez estreouse tamén valorando a sesión plenaria de onte, na que asegurou que faltou a transparencia e o respecto a o grupo maioritario da oposición.