POBRA> O Partido Popular da Pobra reclama ó concello a adhesión ó convenio con SOGAMA para mellorar a recollida selectiva. Ademais das numerosas vantaxes medioambientais, esta medida suporía unha rebaixa do dez por cento no servizo.
O PP da Pobra presentou unha moción solicitando a adhesión do concello ó convenio con SOGAMA para mellorar a recollida selectiva no municipio. Ademais do aforro dun dez por cento no servizo, este acordo implicaría unha notable mellora na calidade de vida dos veciños co financiamento de actividades promoción da educación ambiental e desenvolvemento sostible.
Os populares urxen ó executivo que axilicen os trámites para materializar a adhesión que debe estar formalizada antes de finais de mes. De levalo a pleno, o goberno contará cos votos favorables dos edís do PP.