Máis de 2.000 persoas confirman o éxito de ‘O Mundo a Danzar’

    VILANOVA> Vilanova non temeu á Festa do Albariño. A vila arrasou coa súa proposta tirando de espectáculo de folclore de todo o mundo. Máis de 2.000 persoas desfrutaron da proposta de O Mundo a Danzar, que os levou ata Rusia, México, Chile e Taiwan coa actuación de máis de 200 participantes. Vilanova apostou polo folclore para a súa noite de sábado. E triunfou. Máis de 2.000 persoas reuníronse no Xardín Umbrío para gozar do espectáculo de O Mundo a Danzar. Esta cita recupera o espírito da Romaría Internacional que tan bos resultados deu ao concello. Pasadas as dez e media da noite, 200 bailaríns procedentes de Taiwán, Rusia, México e Chile levaron a tradición dos seus países ata Vilanova. Con esta actuación, Vilanova pon en marcha o seu calendario festeiro, que se prolongará ata finais deste mes. A vindeira cita marcada con vermello é este venres, coa actuación da Orquestra Panorama. Outro dos atractivos da fin de semana foi a celebración da Feira da Cervexa Artesanal, que reuniu en Vilanova a seis fabricantes desta bebida, e que tamén foi un éxito de público.