O executivo muradán levará a cabo a ampliación do cemiterio municipal da Atalaia

MUROS> A actuación está incluída nas obras do POS Plus da Deputación da Coruña. Esta mañá a xunta de goberno local aprobaba dúas actuacións incluídas no POS + da Deputación da Coruña para este ano e cuxa execución será inminente. A primeira delas consistirá no arranxo dos actuais nichos no cemiterio municipal da Atalaia e a súa ampliación, cun novo módulo de nichos, así como tamén a mellora da accesibilidade ó recinto. Segundo a propia alcaldesa, María Xosé Alfonso tratábase dun vella demanda por parte dos veciños. A outra das actuación aprobadas hoxe prevé a mellora dos accesos ó núcleo de Torea.