Boiro investirá 65 mil euros na reforma da nave para piragüas do Club Rías Baixas

BOIRO>  O alcalde, José Ramón Romero, e a edil de Deportes, Dores Torrado, presentáronlle á directiva do Club Piragüismo Rías Baixas o proxecto que se pretende executar  e que o Concello xa sacou a licitación por un importe duns 65 mil euros, con cargo POS 2022 da Deputación da Coruña.

A reforma a realizar ten coma principal finalidade a ampliación da nave que o Club de Piragüismo Rias Baixas emprega para gardar as piraguas a carón do edificio das Colonias, en Praia Xardín

A intención do Concello é ir completando por fases o entorno do edificio das Colonias, para darlle un uso deportivo.

Dende o Club agradeceron esta actuación que permitirá mellorar a actual capacidade de almacenaxe na nave.

As previsións do Concello é de que a obra poida comezar a executarse xa no último trimestre do ano, despois da súa adxudicación, para así poder facer uso dela coa maior celeridade posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí