BARBANZA> A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza procederá este próximo domingo en Lousame á inauguración dun monumento en memoria das vítimas da represión realizado polo artista Gonzalo Sarasquete. Será no Confurco a partir das doce e media da mañá. ‘As voces silenciadas’. Este é o título da escultura realizada por Gonzálo Sarasquete na memoria das vítimas da ditadura franquista que será inaugurada este próximo domingo, nun acto que se desenvolverá no Confurco. Un lugar identificado coa época da represión, onde foron paseados e fusilados moitos veciños da comarca que non eran afíns ó Réxime. A inauguración da escultura non será o único acto previsto para ese día. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza preparou un amplo programa de actividades que incluirán lecturas de poemas, música e tamén intervencións. Os actos continuarán posteriormente en Froxán cunha comida campestre e una foliada, na que se contará tamén coa actuación do actor Quico Cadaval.
Inicio BARBANZA