O Princesa de Asturias de Piragua rematará na Ponte do Burgo en Pontevedra

SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra. O Trofeo Princesa de Asturias de piragüismo celebrarase o vindeiro día 15 de agosto con algo máis de 400 palistas procedentes de toda España, e incluso Portugal. A participación aumenta este ano con respecto ao anterior entre 80 e 100 participantes. Un dato exitoso, que segundo explican dende a organización plantexa opcións de cara ao futuro da proba. A saída de esta regata, que é puntuable para as diferentes ligas galegas, celebrarase de maneira simúltanea dende a praia de Portonovo e a praia das Canteiras, en Combarro, para rematar na Ponte do Burgo, en Pontevedra. Dende a organización afirmaron que a saída da probar estará en torno as 11:30 da mañá polo que estiman que a entrega de premios en Pontevedra se poida celebrar sobre as 13:30h. Ao acto que se celebrou na Confraría de Pescadores de Portonovo asistiron o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e a edil de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro. Ambos coincidiron ao sinalar a importancia de este tipo de eventos deportivos, para dar a coñecer tanto Sanxenxo como Pontevedra.