Vou Films presenta na Pobra a terceira curta da súa triloxía sobre oficios femininos

A POBRA> Vou Films presentará na Pobra a terceira curtametraxe da saga de oficios femininos. As Peixeiras proxectarase este sábado no cine Elma con aforo limitado polo que é preciso reservar entrada previamente.

Tralas Lavandeiras e As Costureiras, Vou Films presenta as Peixeiras, a terceira curta da súa saga de oficios femininos da posguerra. Estrearase no Cine Elma da Pobra este sábado.

Aqueles que desexen asistir á estrea deberán reservar entrada posto que a capacidade do teatro será limitada para poder garantir a distancia de seguridade.

O concello da Pobra colabora na produción destes filmes rodados case na súa totalidade na Pobra. O seguinte, no que xa traballa na produtora, levará por título ‘As leiteiras’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí