O PP de Boiro responsabiliza ó goberno de que o concuros para o hangar de piragüismo quedase deserto

BOIRO> O PP de Boiro responsabiliza ó goberno municipal do retraso que sufrirá o proxecto de remodelación do hangar de piragüismo no edificio das Colonias. O concurso quedou deserto posto que, segundo denuncian os populares, presentaba un orzamento infravalorado.

O pasado 26 de outubro rematou o prazo de presentación de ofertas para a construción dun novo hangar para o club de piragüismo de Boiro detrás do edificio das Colonias. Ningunha empresa concorreu ó procedemento ante as dificultades, din os populares, de acometer o proxecto cun orzamento infravalorado que facía inviable a súa execución.

Para o voceiro popular esta é unha mostra máis da incompetencia e irresponsabilidade na xestión do actual goberno. Lembran dende o PP que no ano 2021 tan só se acadou o 36 por cento de execución da inversión prevista polo que Boiro está a perder o impulso acadado polo anterior goberno no que o municipio se situaba á vangarda da obra pública en toda a comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí