Tráfico intensifica os controis nas estradas dende hoxe ata o remate do Nadal

PONTEVEDRA> O subsector de Tráfico da provincia de Pontevedra intensificará a súa presenza nas estradas dende hoxe e a o final das festas do Nadal. Uns 260 efectivos percorreran as vías pontevedresas a fin de diminuír os accidentes de tráfico e informar e concienciar sobre unha condución responsable nunhas datas nas que repunta o número de desprazamentos. 

 

Arranca a ponte da Constitución e con ela tamén o fai a campaña que de intensificación de o control da seguridade viaria en Galicia, que durará ata o fin das festas do Nadal. Dende o subsector de Tráfico en Pontevedra recoñeceron, que a pesar de que na ponte se rexistre un maior número de desprazamentos non contemplan especiais problemas de tráfico. 

Unha ponte que se celebrará en dúas fases, e que estará marcada polas celebracións, con multitude de reunións familiares ou amigos, a súa opción, segundo afirman dende o subsector de Tráfico, é a de concienciar ao condutor de que adopte procedementos seguros. 

Nesta campaña de seguridade viaria participarán un total de 260 efectivos a nivel provincial.

Os axentes recomendan  que se teñen pensado viaxar nesta datas, programen o viaxe con antelación, atendendo as condicións meteorolóxicas, e prestando especial atención a aspectos como a presión das rodas, a velocidade e a unha boa elección das vías a transitar, para deste xeito garantir unha viaxe máis segura. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/trafico_especial_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/02/trafico_especial_pontevedra.mp4{/flowplayer}