A VIII Edición das Xornadas de Sanxenxo na Historia chegan a vila

    SANXENXO> A VIII Edición das Xornadas de Sanxenxo na Historia, chegan a vila para profundizar no patrimonio municipal, nos veraneantes ilustres ao longo da historia no municipio, e tamén sobre a relación de Sanxenxo coa literatura, na figura de dous grandes das letras; Emilia Pardo Bazán e Ramón Cabanillas. O Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo dedícase ao estudo do patrimonio cultural da vila. Unha organización que leva traballando dende o 2010 no municipio co gallo de investigar, difundir e publicar, todo aquilo que descobren sobre Sanxenxo. Co fin de cumprir co obxectivo de difundir, do 22 ao 24 de agosto, celebraranse as VIII Xornadas de Historia, Cultura e Tradicións Populares, nas que haberá tres mesas redondas sobre; o patrimonio, os veraneantes ilustres na vila e a relación da mesma coa literatura. Ao longo de esta presentación tamén se desvelaron os galardoados que dende o Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo reparten cada ano para premiar a labor social, que este ano recae sobre Dora Pérez Alarcón, a labor cultural, na que resultou premiada a Asociación Cultural San Pedro de Bordóns e o premio de Honra que recaeu sobre Xesús Palmou. Uns premios que parten dun xurado integrado por diferentes membros pertencentes a diferentes sectores da vila, tal e como explicaba o alcalde Telmo Martín. Ao longo de esta convocatoria de prensa tamén houbo lugar para a reivindicación. Xa que Rafael Fontoira aproveitou a ocasión para recordar a importancia de poder difundir e publicar o traballo que se realiza dende o seminario. Non o esquezan, a relación de Emilia Pardo Bazán con Sanxenxo, ou Ramón Cabanillas, así como os como a importancia dos cruceiros de Adina, entre outros son alicientes suficientes para espertar o seu interese por algunha ou todas as mesas redondas que se celebrarán en Sanxenxo do 22 ao 24 de agosto, en Sanxenxo.