BARBANZA> O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantiveron esta mana un encontro para abordar a colaboración entre as Forzas de Seguridade do Estado e os servizos de vixilancia da Xunta na loita contra o furtivismo.
Os dous coincidiron o sinalar da importancia de que a vixilancia policial se estenda a tódalas actividades vinculadas a esta actividade ilícita, dende a extracción ata as canles de comercialización e transporte.
O encontro serviu tamén para avaliar as medidas xa establecidas de forma coordinada para combater esta práctica ilegal e que veñen desenvolvéndose periodicamente entre ambos corpos.
O Delegado e a Conselleira destacaron a boa colaboración que existe na actualidade e na importancia de seguir afondando en mecanismos de cooperación que garantan o cumprimento da normativa de pesca e do Código Penal, de tal forma que se erradique unha práctica que causa importantes perdas económicas e danos medioambientais nos concellos da costa galega.