Vivenda pública adaptada ós seus demandantes

    vivendasrianxo_100_161107.jpgRIANXO > O concello realizará unha enquisa para coñecer o tipo de vivendas de promoción pública máis demandadas e os colectivos con máis necesidades.

    O obxectivo é que as novas vivendas que está a tramitar a Xunta neste municipio se adapten ás necesidades reais dos seus habitantes.

    Os rianxeiros interesados en acceder a unha vivenda de promoción pública poderán cubrir un cuestionario sobre as súas preferencias e situación persoal e familiar. Poderán facelo nas oficinas de Servizos Sociais do concello, de luns a venres, en horario de doce a dúas, dispoñendo de prazo ata o día 21 de decembro.

    O obxectivo é coñecer o tipo de vivendas máis demandadas pola poboación, a ter en conta polo Instituto Galego de Vivenda e Solo que está a tramitar a construción de fogares de promoción pública no municipio.

    Destinatarios

    O concello emitiu un bando no que informa do proceso de tramitación para a construción das vivendas que se ofrecen a adxudicatarios con ingresos entre o 0’7 e 2’5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples. Ditos tramos poden ser ampliados ou diminuidos de acordo coas xuntas cualificados provinciais de vivenda en supostos excepcionais

    Os principais destinatarios, que poderán acceder ás vivendas en réxime de propiedade ou alugueiro, son unidades familiares con ingresos inferiores ó 0’7 do IPREM, unidades familiares monoparentais, maiores de sesenta anos, menores de 35 ou outros colectivos con especiais necesidades de vivenda.

    {flowplayer}barbanza/vivendasrianxo.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza