PORTO DO SON> O alcalde, Luís Oujo, mostrou a súa satisfacción pola marcha das obras de remodelación da fachada marítima que se están a executar actualmente. Polo que se todo marcha sobre o previsto a actuación podería estar rematada antes do prazo previsto, primeiros de 2022. A actuación, financiada pola consellería do Mar, ascende a uns catro millóns de euros.
As chuvias destes últimos días non están a ralentizar a marcha das obras de remodelación da fachada marítima sonense. Un ambicioso proxecto, financiado pola Xunta de Galicia, que superará os catro millóns de euros. Segundo o alcalde, Luis Oujo, as obras avanzan segundo os prazos previstos, polo que seguramente estean rematadas antes do remate de 2021.
Segundo o rexedor sonense a actuación favorecerá a integración do porto na vila, facilitando ademais as labores propias do peirao, e dándolle un cambio significativo a actual imaxe do bordo litoral.