O concello de Outes renovará a súa rede de alumeado publico

OUTES> O concello de Outes adxudicou as obras de mellora en toda a rede do alumeado público. O proxecto, financiado polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, superan os 800 mil euros de investimento.

Nos próximos días darán comezo os traballos de substitución das luminarias da rede de alumeado de Outes por tecnoloxía LED.

Os traballos afectarán a case todo o termo municipal. No prego de condicións incluíuse ademais a mellora concreta do alumeado en dúas zonas de especial interese como son os paseos de Pontenafonso e Broña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí