O BNG esixe a retirada da inscrición do escudo de pedra do concello

    BOIRO> O BNG de Boiro vén de presentar un escrito no concello a través do cal solicita a retirada da inscrición que figura enriba do escudo de pedra do concello instalado hai uns meses na fachada da casa consistorial no que pode lerse ‘Sendo Alcalde Don Xoán Xosé Dieste’. Os nacionalistas lamentan este feito, que, segundo eles, pode dar unha imaxe enganosa, facendo crer a moitos que o actual alcalde foi o impulsor da obra do concello.

    Vislúmbrase nova polémica en Boiro ou iso parece. Nesta ocasión os nacionalistas cargan contra o alcalde, Xoán Xosé Dieste, por permitir a instalación dun escudo en pedra na fachada da casa consistorial na que pode lerse ‘Sendo Alcalde Don Xoán Xosé Dieste’. Segundo eles tal inscrición pode levar a equívoco, facendo pensar a moitos que o actual alcalde foi quen ideou o dito escudo ou mesmo que puidera ser o impulsor da obra do concello. Razón máis que suficiente para solicitar a súa retirada. De seguro que a nova traerá cola e haberá que agardar a decisión que tomará o propio rexedor ó respecto. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/bngboiroretiradainscricionescudo2110141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/21/bngboiroretiradainscricionescudo211014.mp4{/flowplayer}