A Deputación de Pontevedra guía aos motoristas pola provincia

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha campaña para explotar as Rías Baixas como destino turístico para os que se despracen en moto. Por iso dende o organismo provincial crearon unha guía con catro rutas para aqueles motoristas que visiten a provincia. Pontevedra é unha provincia moi rica en paisaxes, conscientes de este “patrimonio” dende a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, veñen de crear unha guía que recolle catro rutas alternativas coas que deleitar a aqueles que visiten a provincia aos lombos da súa motocicleta. A guía da que lles estamos a falar, poderán adquirila nas oficinas de turismo da Deputación e tamén está previsto envialas a diferentes clubes de motoristas españois. Un material deseñado dende a propia Deputación de Pontevedra e que co apoio da coñecida blogueira Alicia Sornosa. “Costa Larga” entre A Guarda e Catoira, “Costa Corta” entre Baiona e Pontevedra, “Interior Costa” entre A Cañiza e A Guarda e a “Ruta Interior” entre Silleda e Combarro. Estas son as catro opcións que plantexan dende o Pazo Provincial, aínda que non son as únicas, por iso aos motoristas animalos a coñecer esta terra, moi rica en diferentes ámbitos.