José Miñones ratifica o apoio do goberno á plataforma contra os vertidos de San Finx

NOIA> O Ministro de Sanidade, José Miñones mantivo un encontro coa confraría de Noia para analizar o impacto dos vertidos da mina de San Finx. O candidato ó Congreso ratificou o apoio do goberno socialista ó sector da pesca.

Dentro da súa axenda de campaña, o actual ministro de Sanidade e cabeza de lista do PSOE ó Congreso pola provincia da Coruña, fixo un alto en Noia para manter un encontro con representantes da confraría e recoller as súas inquedanzas ante a autorización de vertidos da mina de San Finx. Responsables do pósito e da plataforma en contra dos vertidos trasladáronlle a Miñones o impacto que pode causar o inminente inicio das verteduras tanto a nivel medioambiental como socioeconómico.

Durante a xuntanza, a plataforma solicitou a intervención do Ministro para instar ó goberno central a incluír as presas de residuos mineiros de San Finx no Inventario de Instalacións de Residuos Mineiros abandonadas e clausuradas, ante os riscos que supón para a saúde pública e o medio amniente. Xa no ano 2020, o Ministerio para a Transición Ecolóxica interpelou á Xunta sobre a procedencia da inclusión das presas no inventario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí