O PP de Boiro acusa ó executivo de ‘vender fume’

BOIRO> O voceiro do PP de Boiro, Xoán Xosé Dieste, criticou ó goberno local polo uso partidista da visita realizada onte á localidade polo presidente da Deputación da Coruña. Segundo el as obras anunciadas responden a vellas demandas xa consignadas e que a día de hoxe aínda non foron executadas.

Fala en concreto da mellora da estrada de Cespón a Vitres, adxudicada xa hai máis de dous anos, que a día de hoxe segue pendente de execución. Tamén criticou o espazo de Coworking. Un proxecto para o que el mesmo sendo alcalde, asinou o convenio de colaboración.

O mesmo acontece coa estrada de titularidade provincial que une Boiro e Noia, na que se realizou unha actuación, segundo el insuficiente, que non veu a dar resposta ás necesidades desta importante vía de comunicación que vertebra estas dúas comarcas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí