O teatro, o humor e o cine centrarán as actividades do outono cultural de Poio

POIO> Teatro, humor e cine en Poio para celebrar o outono cultural da vila. O goberno local presenta unha programación, que a diferencia da pasada edición, está destinada ao público adulto. As actuación terán lugar dende o 15 de outubro ata o 10 de decembro.

Os venres serán sinal de cultura no concello de Poio. O goberno local presentou a programación cultural para os vindeiros meses do outono. Unhas actuacións que nesta edición irán destinada ao público adulto.

O cine tamén estará presente no outono cultural de Poio coa reprodución da Illa das Mentiras. Unha exhibición que virá acompañada dunha charla coa directora do film e co escritor da historia.

A maior parte das actuacións terán lugar no centro cultural Xaime Illa. Dende o goberno agardan unha boa resposta da veciñanza.

Os eventos contarán con todas medidas sanitarias para cumprir cos protocolos da consellería. A entrada aos espectáculos é gratuíta pero requírese inscrición previa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí