A misión comercial a México comeza a dar os seus primeiros froitos

Pontevedra>Os empresarios comezan a pechar os primeiros acordos en México na primeira misión comercial que organizan dende o Goberno de Pontevedra. Concello e empresas que asisten a Epopymes están máis que satisfeitos co resultado que están obtendo nesta primeira para no país azteca. Máis que satisfeitos se amosan os empresarios que asisten estes días a Expopymes grazas a primeira misión comercial que organizan dende o Goberno Local. Unha iniciativa moi importante para cada un dos seus sectores e para a cidade. Moitas empresas xa están asinando os seus primeiros acordos nestes días. E dende o país Mexicano amosáronse encantados de poder contar coa cidade de Pontevedra para un evento destas características como é Expopymes. Quedan por diante moitas paradas e reunións desta primeira misión comercial do Concello de Pontevedra en México.