CCOO piden á Deputación de Pontevedra que non xoguen co futuro dos traballadores

PONTEVEDRA> Os delegados de Comisións Obreiras concentráronse esta mañá ás portas da Deputación de Pontevedra para protestar contra a transferencia dos seis centros da institución provincial á Xunta de Galicia. O sindicato pide que se renegocien os convenios de colaboración e que non se xogue co futuro dos traballadores.

Comisións Obreiras continúa a súa loita contra a transferencia dos seis centros de traballo da Deputación de Pontevedra á Xunta de Galicia. E o fai cunha concentración ás portas da institución provincial na que piden que se respecten os dereitos dos traballadores e que non se utilicen cunha finalidade política.

O secretario comarcal de Comisións Obreiras reclama á Deputación de Pontevedra que se inverta nestes centros e que renegocien os convenios de colaboración con outras administracións.

O sindicato asegura que seguirá loitando polos traballadores dos seis centros que se queren transferir á Xunta de Galicia para que estes continúen dependendo da Deputación de Pontevedra.

Comments are closed.