100 mil euros anuais para axulizar as obras dos colexios da cidade

Pontevedra> O concello de Pontevedra axilizará con dous contratos marco, de 100 mil euros anuais, as obras de mantemento dos colexios da cidade. Con este convenio preténdese eliminar a burocracia administrativa e axilizar a resposta ás necesidades dos centros escolares. O concello de Pontevedra reformula o marco de contratación para acometer as obras de mantementos dos centros educativos públicos, 21 en total máis as escolas infantis da Parda e Monte Porreiro, co fin de eliminar a burocracia administrativa e axilizar a resposta ás necesidades dos colexios. Se ata hoxe as obras de mantemento facíanse a través de contratos parciais, cada actuación coa súa correspondente tramitación, agora dous contratos xerais de mantemento cubrirán as pequenas obras e arranxos previamente definidos polos servizos técnicos municipais. Os contratos xerais de mantemento suporán un investimento de 100 mil euros anunais por cada un deles, de tal xeito que nos catro anos de vixencia que terán serán 800 mil euros os destinados polo Concello ao coidado dos colexios. A empresa ACEVI atenderá as necesidades dos centros do norte do municipio e GPD farase cargo das situadas no sur.