Dende México a Pontevedra cun convenio moi gastronómico

[

Pontevedra> Un deses acordos aos que faciamos referencia na anterior peza deste informativo chega da man da gastronomía. A Delegación de Pontevedra e Cidade de México veñen de asinar un convenio mediante o cal, os estudantes das titulacións relacionadas coa gastronomía, poderán facer prácticas en restaurantes de Galicia. O protagonismo especial o tivo o cociñeiro Iñaki Bretal, que destacou que os alumnos non virán só a aprender e practicar os costumes gastronómicos senón que tamén serán unha fonte de sabedoría, xa que a ninguén se lle escapa que a cultura mexicana é rica e variada. O alcalde amosou a súa satisfacción polo acordo e o desexo de que fose o inicio dunha longa andaina. E pola súa banda, a vicerreitora do centro educativo co que asinaron este convenio, destacou a grande satisfacción que lles produce esta firma. Este acordo permitirá unirse ao equipo do Eirado da Leña a estes estudantes mexicanos, pero máis adiante, dixo Bretal, que serán moitos integrantes do Grupo Nove os que acollerán a estes alumnos.