PONTEVEDRA> Recuperar e dar visibilidade as variedades de uva máis descoñecidas e en perigo de extinción. Ese é un dos obxectivos principais da Misión Biolóxica de Galicia. Este colectivo forma parte do proxecto On-Farm. Unha iniciativa europea que trata de evitar que estes tipos de vide desaparezan animando ás adegas a cultivalas.
Cascón, Castañal ou Ratiño. Estas son algunhas das uvas que están actualmente en perigo de extinción. Vides antigas e descoñecidas pero que están presentes nos rexistros oficiais. Por iso, é posible facer viño con elas. Ese é un dos obxectivos principais da Misión Biolóxica de Galicia. Dar a coñecer esas variedades minoritarias e animar as adegas a cultivalas. Xustamente para iso naceu o proxecto europeo On-Farm.
Nesta iniciativa europea están incluídas 4 adegas das Rías Baixas. Pazo de Galegos, Terras Gauda, Valmiñor e Viña Moraima. O seu papel é fundamental á hora de dar visibilidade ás variedades máis descoñecidas.
A Misión Biolóxica de Galicia conta actualmente con medio centenar de variedades minoritarias. Pero, como salvar estas uvas en perigo de extinción?
Neste eido, a directora do grupo de viticultura da Misión Biolóxica de Galicia incide na importancia de conservar o patrimonio vexetal.
O proxecto On-Farm outorga un distintivo a aquelas empresas que apostan por cultivar este tipo de variedades minoritarias. O obxectivo, que cada vez sexan máis as adegas que elaboran viños de calidade con elas e que axudan a evitar así a súa desaparición.