Volve a Sin-son 10k

PORTO DO SON> Esta mañá presentábase en Porto do Son unha nova edición, e xa van dez, da carreira popular ‘Sin-Son 10K’. A cita, que regresa trala pandemia, terá lugar o 19 de decembro.

Esta mesma noite abríanse as inscricións da Sin-Son 10K. A proba que este ano chega a súa décima edición foi presentada esta mañá. A cita, terá lugar o 19 de decembro. Unha data que de seguro estará marcada en vermello para moitos corredores que ansiaban poder volver a competir con certa normalidade despois de máis dun ano de pandemia.

Este ano a carreira virá ademais con varias novidades.

Dende a organización quixeron agradecer tamén o apoio e colaboración de numerosas empresas, xa que sen a súa axuda sería case imposible poder organizar unha proba desta magnitude.

As inscricións poderán realizarse a través de emesports ou da propia  web oficial da carreira: www.sin-son10k.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí