Cinco mestres internacionais participarán no IX Trofeo de Xadrez Concello de Rianxo

    RIANXO> Preto de douscentos cincuenta participantes daranse cita na novena edición do Trofeo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo que se disputará este sábado no pavillón municipal. O torneo estruturarase en tres competicións: a de promoción para categorías ata catorce anos enmarcada no circuíto galego, outra para afeccionados non federados e a absoluta, con carácter internacional. Esta última modalidade reunirá a cinco grandes mestres internacionais. O alcalde quixo agradecer o esforzo do club local na organziación dun evento destas caracterísitcas que xa se consolidou como unha cita de referencia no mundo do xadrez. Este torneo é tan só unha mostra máis da boa saúde da que goza a escola de xadrez rianxeiro cun equipo competindo na división de honra.