Porto do Son ollará cara o pasado durante os tres días que durará a Feira Celta

PORTO DO SON> Porto do Son volverá ás súas orixes coa Feria celta que se celebrará entre o 26 e o 28 e xullo. Durante tres días, a vila poñerá en valor a súa cultura castrexa cun programa repleto de actividades para tódolos públicos.

O mercado celta abrirá as súas portas o venres 26 ás 5 da tarde dando o pistoletazo de saída á Feira Celta de Porto do Son. Mais de 90 postos ofrecerán os seus produtos artesáns, intercalando con numerosos espectáculos itinerantes de animación durante toda a fin de semana. Destacan os dous recunchos infantís e os distintos obradoiros de oficios.

Entre os espectáculos de gran formato destacan o Show Máxico de Cayetano Lledó, varios números de Troula Animación e ‘Los Tambores de Fuego’ de Deabru Beltzak que pechará o programa da Feira Celta.

Dende o concello animan ós veciños a vestirse para a ocasión sumarse a esta feira que recupera o pasado celta dos sonenses.