Alumnos de carpintería da UAD de Ribeira restaurarán unha dorna en Sálvora

    RIBEIRA> Nove usuarios do taller de carpintería da Unidade Asistencial a Drogodependencias participarán nun programa de voluntariado ambiental que se desenvolverá durante a próxima semana na Illa de Sálvora. Procederán a restaurar unha dorna exposta no pazo. Esta inciativa, promovida polo Servizo de drogodependencias de Ribeira en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, pretende dar un paso máis na inclusión social deste colectivo. Os nove usuarios do taller de carpintería pasarán a próxima semana en Sálvora traballando na restauración dunha dorna. Máis aló dos traballos de carpintería, esta experiencia pretende fomentar a convivencia entre os participantes nun entorno natural no que desfrutarán tamén dun amplo programa de actividades con visitas guiadas e observación astronómica. A través deste tipo de programas, os usuarios da UAD contribúen tamén a melloras os espazos públicos como xa fixeran tamén cos bancos do paseo de Coroso e Castiñeiras ou a restauración da Jalerna, embarcación que pertence á confraría da Dorna.