Noia cubrirá as vacantes da Policía Local a principios de 2018

    NOIA> O Director Xeral de Emerxencias mantivo un encontro co alcalde de Noia para expoñer os detalles do Protocolo de Colaboración para a cobertura das prazas vacantes de policía local. A intención do concello noiés é adherirse a este convenio que prevé a convocatoria centralizada de oposicións a principios do próximo ano. O gran número de prazas vacantes na Policía Local de Noia centrou boa parte da reunión entre o director xeral de emerxencias e o alcalde noiés. A intención do executivo é adherirse ó convenio asinado entre a Consellería de Presidencia e a FEGAMP para cubrir estas prazas no ano 2018 mediante a convocatoria centralizada de oposicións. Esta xuntanza supón un paso máis na liña de colaboración que veñen mantendo ámbalas dúas administracións que se traducir na recente reforma das instalacións de Protección Civil. O director xeral de emerxencias referiuse tamén á dotación de novos medios e a formación de persoal para combater a plaga de vespa velutina. Un programa ó que tamén se sumará o concello de Noia.