Lores defende o seu modelo de cidade nunha conferencia en México

Pontevedra> Dentro desta viaxe o alcalde de Pontevedra tamén impartiu unha conferencia no Centro Cultural de España en México. Un evento que se converteu na primeira gran cita institucional da visita da delegación do Concello á capital azteca. Ante un centenar de asistentes Lores explicou todos os detalles do modelo urbano da Boa Vila. Tras finalizar a feira Expopymes, onde participaron 9 empresas de Pontevedra, o modelo de cidade da Boa Vila abríuse paso coa primeira conferencia sobre o mesmo en Cidade de México. Unha cita que tivo lugar no Centro Cultural de España e onde Lores deu a coñecer ante un centenar de asistentes as claves do éxito do modelo de cidade que rexenta. Tras a proxección de varias pezas audiovisuais sobre a cidade, o alcalde explicoulle ao público méxicano que Pontevedra proón un novo modelo que consiste en dar prioridade ás persoas, recuperando os espazos públicos para a convivencia social. Ao remate da súa intervención abríuse un faladoiro que durante preto dunha hora permitiu analizar detalles concretos da experiencia pontevedresa e comparala coa realidade de Cidade de México.