O alcalde expón o seu modelo na capital do Estado de Guanajuato

Pontevedra> A misión comercial de Pontevedra segue o seu paso polo país de México. Seguinte parada da viaxe, León, capital do estado de Guanajuato. Alí Lores amosou e expuxo unha vez máis o seu modelo de cidade do que dixo que era, sen dúbida a seña de identidade da súa cidade. Máis modelo e máis Pontevedra, o modelo de cidade da Boa Vila está chegando a todos os puntos da xeografía Mexicana. En León, capital do estado de Guanajuato, o alcalde foi recibido polo primeiro síndico do municipio e pola Directora do Instituto Municipal de Planeamento. Un lugar onde Lores puido expoñer de que maneira realizou o notable cambio na capital de provincia dende o ano 1999. Dende esta cidade dixeron que non coñecían Pontevedra pero que será un destino que terán na súa mente de cara a viaxes futuras. O alcalde promocionou, na súa intervención, Pontevedra como cidade de servizos e comercial, asegurando que a calidade urbana xera emprego e crecemento económico.