Pontevedra, chamada a mobilizarse o vindeiro luns polo dereito á vivenda

PONTEVEDRA> Pontevedra súmase ás mobilizacións que atravesan España polo dereito á vivenda. A cita está impulsada por un novo colectivo cidadán e celebrarse o vindeiro luns ás 8 da tarde na Praza da Peregrina. O obxectivo: reivindicar a vivenda como un dereito fundamental e non un negocio. A concentración pretende ser o primeiro paso dun movemento cidadán organizado na cidade.

A situación da vivenda tamén preocupa, e moito, en Pontevedra. A cidade sumarase o luns ás 8 da tarde ás mobilizacións que atravesan España. Será cunha concentración na Praza da Peregrina.

Detrás da convocatoria está o Colectivo pola Vivenda de Pontevedra. Levan meses traballando neste eido para organizarse. Aínda que polo de momento non están formalmente constituídos, decidiron que era o momento para dar un paso adiante.

Porque Pontevedra non é allea ás problemáticas da cidadanía para acceder á vivenda. Unhas dificultades que son transversais.

Ademais desta convocatoria do luns, a intención do Colectivo pola Vivenda de Pontevedra é seguir avanzando para canalizar estas demandas e achegalas á realidade da cidade. Por iso inciden na importancia da mobilización cidadá.