O Museo de Pontevedra supera as 100 mil visitas neste 2017

Pontevedra> O Museo de Pontevedra supera os 100 mil visitantes no que vai de ano. O deputado da área de cultura considera que son uns datos máis que positivos que chegan grazas a difusión que se fai do museo, e tamén as grandes exposición que acompañaron a programación neste 2017. Datos máis que positivos son os que recibe o Museo de Pontevedra neste 2017 con máis de 100 mil visitas. O deputado da área de cultura asegurou esta mañá que estes datos chegan grazas aos máis de 9 mil visitas que recibiron os Soños de Miguel Vidal, as máis de 7000 da mostra de Caruncho ou as máis de 6 mil as que recibiu, de momento, a de Moldes. Leal di que estos bos resultados chegan grazas a vida do Museo de Pontevedra. Un Museo que o vindeiro ano celebrará unha data moi especial coa celebración do seu 90 aniversario. Por diante quedan meses de moitos traballo e de moita actualdiade, e pese a que o deputado non puido adiantar ningunha novidade da programación que terán de cara ao vindeiro ano co 90 aniversario, Leal sí que lembrou que neste 2017 aínda quedan por diante a exposición adicada a María Vinyals, a do certame de Novos Valores e a do artista pontevedrés Jorge Castillo.