RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira informou esta mañá da detención dos presuntos autores da malleira a un mozo da localidade durante a pasada fin de semana, na zona da movida, en Bandaorrío.
Trátase tamén de tres mozos, de idades comprendidas entre os 19 e os 21 anos, veciños de Ribeira. Os tres están acusados dun delito de lesións graves, xa que a agresión causoulle lesións de especial consideración, pola que tivo que ser asistido de urxencia no Hospital Clínico de Santiago.
A súa detención non foi sinxela, e os axentes da comisaría ribeirense tiveron que realizar unha laboriosa investigación para dar co seu paradoiro.
Unha vez tramitadas as correspondentes dilixencias policiais, os prendidos xa foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número Un de Ribeira, en funcións de garda.