Todo listo para volver ao medievo

Pontevedra> Posta a punto de Pontevedra para volver ao mediveo nesta fin de semana. Mañá dará comezo a Feira Franca, un dos eventos máis agardados na cidade, que neste 2017 cumpre a súa maioría de idade. Comercios e establecementos hostaleiros xa están listos para acoller a milleiros de persoas dende mañá ata o sábado. Todos listo para celebrar a maioría de idade da Feira Franca unha festa que milleiros de persoas agardan ano tras ano e que chega pisando forte. Pese ao que o comezo estivo a cousa un pouco parada… Dende a hostalería tamén están máis que satisfeitos coa acollida desta décimo oitava edición da Feira Franca. Se todavía non teñen o seu traxe saiban que Pontevedra ten tendas onde os poden alugar ou mercar a un bo prezo. Na variedade está o gusto, pero a xente elixe traxes cómodos e frescos para vivir e celebrar este día tan intenso na Boa Vila. E dende o mundo da hostalería levan meses preparando esta xornada, trátase dun día moi importante para eles e para o que todo ten que estar a punto para esa volta ao medievo. Xa o saben o venres 1 de setembro dende as 19:00 os pregoeiros anunciarán o comezo da Feira Franca polas rúas da cidade, as 22:30 chegará o espectáculo na Praza da Ferraría e na xornada do sábado 2 de setembro sobran as presentacións. Actividades para todos os públicos e para todos os gustos, iso sí veñan preparados porque en Pontevedra, ata o último recuncho volve ao Medievo.