Compromiso e traballo son os principais avais de Bustelo para facerse coa alcaldía de Rianxo

RIANXO> Un cento de persoas asistíu o pasado sábado no auditorio municipal á presentación oficial de Julián Bustelo coma cabeza de lista de Rianxo en Común ás vindeiras eleccións municipais de maio.

Bustelo repetirá por terceira vez consecutiva coma candidato á alcaldía rianxeira, co convencemento da necesidade, máis que nunca, dun cambio á fronte do goberno local. Un cambio que segundo el debera estar liderado pola súa formación, ó ser esta a mellor alternativa, a que Rianxo precisa.

Na súa intervención aludiu tamén ó compromiso que mantén co municipio, como veu demostrando estes ano cun intenso traballo de oposición.

Bustelo traballa xa na configuración da que será a lista definitiva de persoas que o acompañarán na candidatura. Unha lista que agarda ter xa definida nas vindeiras semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí