O Colexio de Avogados amósase emocinado ante a entrega do Premio Cidade de Pontevedra

Pontevedra> Dende o colexio de avogados da cidade do Lérez amosáronse encantados de recibir o Premio Cidade de Pontevedra. Un premio que recoñece a súa traxectoria e fortalece o lado máis humano desta entidade. Un colexio que desinteresadamente presta axuda as persoas que sofren ou sufriron os desafiuzamentos. O presidente desta institución ten claro que este premio irá adicado a toda a cidadanía. 

 

Con sorpresa así recibiron a noticia do Premio Cidade de Pontevedra dende o Colexio de Avogados da cidade do Lérez. Esta maña tivemos a oportunidade de falar co seu presidente que se amosaban inmensamente agradecido. 

Dende o colexio explicáronnos esta mañá que a Oficina sen intermediación hipotecaria implantouse no ano 2012 en Pontevedra. Foi un servizo que dende esta entidade ofreceron a 11 concellos e que soamente foi ben acollido entre 4 entre os que se atopa a cidade do Lérez. Dende esta oficina é onde axudaron e axudan as persoas que sufriron desafiuzamentos. 

Un traballo moi duro, a labor dende o colexio de avogados foi a de negociar co banco aquelas intervencións que non están cubertas coa xustiza gratuíta. 

E dende o colexio quixeron amosar o lado máis solidario dos seus avogados, xa que dos 1000 que conforman esta entidade, 600 están adicados á axudar aos demais. 

Este venres 20 de xaneiro o Colexio de Avogados recibirá o premio Cidade de Pontevedra no pleno da corporación. Ramón Jaúdenes non ten claro todavía o seu discurso sí que sabe que a cidadanía terá un papel importante e como non tamén as nove asociacións que apostaron polo colexio e o presentaron a este premio co fin de que se recoñecese a súa labor social.  

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/colexio_avogados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/18/colexio_avogados.mp4{/flowplayer}