O Gran Montecelo e o saneamento da ría, os principais obxectivos de Feijóo en Pontevedra

PONTEVEDRA>  O presidente da Xunta de Galicia participou esta mañá en Pontevedra un almorzo informativo coa cidadanía. No acto, Alberto Núñez Feijóo fixo un balance dos últimos 11 anos ao fronte do Goberno galego e recordou os compromisos que ten actualmente a Xunta coa cidade do Lérez. O Gran Montecelo, a  Variante de Alba ou o Saneamento da Ría foron algúns dos temas máis destacados.

200 millóns de euros. Esa é a cantidade que a Xunta de Galicia investiu en Pontevedra na última lexislatura. 200 millóns destinados a mellorar os servizos públicos e as infraestruturas da cidade. Unhas cifras postas en valor esta mañá polo presidente da administración autonómica nun almorzo cos pontevedreses.

Alberto Núñez Feijóo fixo balance dos últimos anos ao fronte da Xunta de Galicia e recordou os compromisos que aínda están sobre a mesa en relación a Pontevedra. Entre eles destaca o Gran Montecelo, o transporte público e o Saneamento da Ría. Ademais, o presidente autonómico tampouco quixo pasar por alto o futuro da fábrica de Ence.

En materia de Infraestruturas, o presidente da Xunta fixo un chamamento ao Concello de Pontevedra. Feijóo pediu ao goberno municipal que presente un novo trazado da Variante de Alba. O cal estea acordado cos veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí