O Skatepark en Mollabao crea controversia entre os veciños

Pontevedra> A inauguración da pista de Skaterpark en Mollabao, Pontevedra, converteuse nun escrache en toda regra. Veciños do lugar increparon ao concelleiro de Obras ao non entender por qué se eliminou a pista de fútbol sala por unha zona para a práctica do skate. Dende a Asociación Mollabao Sí non están conformes coa maneira na que actuaron estes veciños pero entenden o seu malestar. O que debería ser un día de festa converteuse en todo o contrario. Na pasada tarde inaugurábase o Skatepark en Mollabao, pero parece que os veciños da zona non están conformes con esta instalación xa que substitúe ao campo de fútbol sete que había con aterioridade. Houbo momentos de moita tensión na pasada xornada, dende a Asocaición Mollabao sí entenden o cabreo pero non a maneira de expresarse que tiveron algúns veciños da zona. E dende a Asoacion Skate Pontevedra non comprenden como un día de festividade acabou desa maneira. Lembrar que foron 9000 euros o investimento que o concello realizou neste proxecto, cun deseño elaborado en gran parte polos integrantes da asociación pontevedresa. Trátase dunha instalación provisional mentres non se constrúe a infraestructura definitiva nunha parcela de entrada do campus universitario da Xunqueira.