O sector hoteleiro apura o peche da tempada estival cos últimos turistas

    BARBANZA> Pecha a tempada de verán cun balance moderadamente positivo entre os hostaleiros barbanzáns. Gaña terreo o turismo de cámping cunha oferta cada vez máis competitiva dada a excelencia a que aspiran este tipo de establecementos. O Barbanza segue a ser un dos destinos preferidos dos turistas que veñen buscando un clima templado e o contacto coa natureza fuxindo das grandes masificacións. Algo que sen dúbida poden atopar no camping rural Ría de Arousa, situado nun paraxe incomparable, que chega ó fin da tempada de verán cun balance máis que positivo Nestes bos resultados, ademais da beleza da paisaxe e da ampla oferta de servizos e comodidades que ofrecen as instalacións, inflúe tamén a innovación constante do seu propietario co fin de ofrecer ós clientes novas actividades como os obradoiros ou o planetario implantados este ano. Dado que maioritariamente reciben turismo familiar, o comezo do curso escolar repercute tamén na baixada da ocupación aínda que durante todo o ano rexistran un goteo constante de visitas con ampla presenza internacional. Xa saben, se queren realizar unha escapada aínda están a tempo de pasar uns días na montaña con tódalas comodidades que ofrecen estas amplas e modernas instalacións.