Rianxo inicia o proceso selectivo para a contratación de catro peóns

RIANXO> O alcalde, Julián Bustelo, deu conta do inicio do procedemento para a contratación dun total de catro persoas que se atopen en situación de desemprego.

Encargaranse de realizar distintas labores de mantemento, dentro da brigada de obras municipal. Serán contratados por un período de seis meses.

En concreto os postos a cubrir serán o de condutor, un oficial albanel, un peón albanel e in peón aglomerado.

As contratacións destas catro persoas realizarase grazas á liña de axudas do Plan de Emprego Local PEL–Concellos da Deputación da Coruña.

Aquelas persoas interesadas en facerse con algún destes postos ou obter maior información sobre a convocatoria poden consultar a propia web municipal: www.rianxo.gal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí