Os vinte alumnos do obradoiro de emprego Tahume IV comezan a súa formación

    RIBEIRA> Os vinte alumnos seleccionados no obradoiro de emprego conxunto entre Ribeira e Porto do Son participaron esta mañá no acto de inauguración. Durante nove meses recibirán formación en dous módulos: conservación de montes e carpintería. Dez alumnos de Ribeira e dez de Porto do Son. Dez no modulo de carpintería e dez no de consevación de montes. Así arranca esta aventura formativa para os vinte desmepregados que durante nove meses recibirán formación teórica e práctica para a obtención dun certificado profesionalidade que lles abra as portas do mercado laboral. Trátase de dúas especialidade con alta demanda de profesionais cualificados, tal e como indicou o alcalde de Ribneira, que lles animou a esforzarse durante estes nove meses. Ademais da formación recibida, os alumnos contribuirán co seu traballo á recuperación da masa forestal en varios puntos de ámbolos dous concellos así como á restauración e colocación de novo mobiliario urbano como o peche de madeira dos contedores.