Todo listo para celebrar a maioría de idade da Feira Franca

Pontevedra> E agora sí que sí, Pontevedra xa está lista para celebrar a XVIII edición Da Feira Franca. Esta noite o espectáculo que terá lugar ás dez e media na Praza da Ferraría, dará o pistoletazo de saída a unha das festas máis concorridas do panorama galego. Dende o concello de Pontevedra animan a todo o mundo a desfrutar deste evento, iso sí, sen esquecerse que estamos no medievo. Todo listo, Pontevedra xa está engalanada para volver ao medievo esta fin de semana. Hoxe ás dez e media da noite a Praza da Ferraría acollerá o espectáculo que servirá como preludio ao dia grande desta Feira Franca. 18 anos de historia que tal e como di Carme da Silva non é unha festa do concello, é unha festa que organiza a cidade de Pontevedra. Mañá dende primeira a última hora haberá actividades para todos os públicos, unha festa onde o desfrute de todos os membros da familia está garantido. Xa o saben, volvan por un día a época medieval, vistan os roupas daquela época, veñan frescos porque apertara o sol e desfruten, sobre todo desfruten desta XVIII edición da feira franca esta noite e mañá sábado na cidade de Pontevedra.