Os ‘ravacholitos’ celebran o seu aniversario difundindo a cultura do Entroido pontevedrés

PONTEVEDRA> Primeiro colleron o nome do papagaio máis popular de Pontevedra, Ravachol. E agora celebran o ano e medio de vida renovando as súas caixas con ilustracións e historias relacionados coa botica de Perfecto Feijóo. Os ‘ravacholitos’ estreitan a súa relación coa cidade homenaxeando a arte e a historia de Pontevedra.

No 1947 a botica de Perfecto Feijóo deixou o número 1 da rúa Michelena. O espazo do popular local ocúpao dende o 2020 a xeadería Stromboli, que estes días está de celebración. Hai algo máis dun ano que o seu propietario creou un produto que xa é un clásico en Pontevedra: ‘os ravacholitos’.

Como xa imaxinarán, os ‘ravacholitos’ collen o nome do Ravachol, o papagaio máis popular da historia pontevedresa. E para celebrar o seu aniversario apostan por estreitar aínda máis os seus lazos coa cidade.

Rubén Rodríguez quere responder agora estas preguntas dende as caixas do seu produto estrela. Os textos orixinais do farmacéutico Eduardo Esteban recollen toda a tradición do Ravachol e a súa relación co Entroido pontevedrés.

Grazas a eles saberemos, por exemplo, que Miguel de Unamuno visitou a botica ou coñeceremos a teoría da orixe galega de Cristóbal Colón. Todo acompañado das ilustracións da artista pontevedresa  Ana Seoane.

O Nadal, o Entroido pirata ou o San Valentín, son algunhas épocas do ano que se reflicten nas novas caixas dos ‘ravacholitos’. Uns doces que están decididos a converterse nun dos símbolos da cidade.