A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistra 32 gromos activos

PONTEVEDRA> A curva de coronavirus continúa medrando na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. O Sergas confirmou hoxe 564 positivos nesta zona e informou da existencia de 32 gromos activos na área.

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta xa con 32 gromos activos. O máis grave, o rexistrado esta mesma semana no servizo de Oncoloxía do Hospital Provincial. Cabe  destacar que a área de hospitalización de Oncoloxía 2 permanece sen pacientes para continuar co proceso de limpeza e desinfección.

Por outra banda, en cantos aos casos activos, Sanidade confirmou hoxe 564 positivos nesta área sanitaria, 26 casos máis que na xornada anterior. Así e todo, nas últimas horas rexistráronse 28 altas médicas e, polo tanto, a cifra real de novos contaxios é de 54. Preocupa en especial o incremento no número de pacientes hospitalizados, que ascende a 39. Deles, 33 atópanse en planta de hospitalización: 26 no Hospital Montecelo, 6 no do Salnés e 1 no QuirónSalud Domínguez de Pontevedra. Ademais, outros 6 pacientes evolucionan na Unidade de Coidados Críticos de Montecelo.

A incidencia acumulada é especialmente grave nos Concellos de Vilagarcía de Arousa, Poio e Pontevedra. Neste último confirmáronse hoxe 211 positivos, 21 máis que na xornada de onte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí