A reanimación cardiopulmonar salva vidas

Pontevedra > Neste 16 de outubro conmemorase o día Europeo da reanimación cardiopulmonar.O obxectivo desta xornada é concienciar á cidadanía que a aprendizaxe desta reanimación pode salvar vidas. Para isto, profesionais da sanidade, ofreceron en Montecelo clases prácticas para dar a coñecer este método en primeira persoa. Saber realizar unha reanimación cardiopulmonar salva vidas. Con esta mensaxe se conmemora neste 16 de outubro o día Europeo da reanimación cardiopulmonar. Un método que hoxe puidemos coñecer á perfección en Montecelo grazas a sanitarios que explicaban os pasos que hai que seguir ante unha parada cardiorespiratoria. O primeiro paso é máis importante é pedir axudas e chamar a emerxencias, unha vez feito isto realizar a reanimación cardiopulmonar, un método sinxelo e que salva moitas vidas. Foron moitos os que se pasaron por esta zona do Hopistal Montecelo para coñecer de que maneira facer unha boa reanimación, a mensaxe da xornada estaba clara. Se hoxe non tiveron a oportunidade de pasarse polo Hospital Montecelo saiban que maña martes 17 de outubro poderán coñecer todos os detalles desta reanimación cardipulmonar na praza da Ferrería en horario de 17:00 a 19:30